hoxe gustaríame falarvos sobre as tipoloxías de rede.
As tipoloxías de rede defínense como a disposición física na que se conectan
os nodos dunha rede (ordenadores, servidores, impresoras, etc.) mediante as liñas de comunicación. Determinan únicamente a configuración das conexións entre os nodos.Existen diferentes tipos de tipoloxías basicas:
-As máis importantes son:
Topoloxía en bus: Nesta topoloxía todos os nodos están conectados a un
único canal (ou bus) de comunicacións compartido por todos.
Topoloxía en anel: Os nodos conéctanse formando un anel, onde cada
estación está conectada á seguinte, e a última á primeira.
Topoloxía en estrela: Todos os nodos están conectados a un nodo central
especializado que fai as veces de concentrador, e polo que pasan todas as comunicacións.
-Outras topoloxías:
-Topoloxía en árbore: É unha extensión da topoloxía en bus. Consiste na
conexión de distintos buses lineais (ramas) a un novo bus troncal dende o que
se reparte o sinal cara as ramas.
-Topoloxía en malla: Non existe ningún nodo/dispositivo central. Cada nodo
está conectado a un ou máis dos outros nodos. Existen diferentes camiños para
chegar dun nodo a outro.
-Topoloxía de interconexión total: Consiste en conectar todos os nodos dunha rede entre sí a través de liñas punto a punto.
-Topoloxía mixta: É unha mistura das topoloxías básicas descritas
anteriormente.
Aqui vos adxunto un video:
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario